27/12/17

ALMANAQUES DE PETO 2018

Xa temos os Almanaques de Peto 2018 para ser repartidos en xaneiro. En total oito almanaques de todos os niveis, que ilustran temas vinculados ao mar. 
Aquí vos deixo os debuxos d@s oito seleccionad@s e tamén d@s finalistas.
O esforzo e a participación son o máis importante, así que PARABÉNS para tod@s!!!

 SELECCIONAD@S PARA O ALMANAQUE

FINALISTAS

17/12/17

O APALPADOR



Xa falta menos para que nos visite o Apalpador...se aínda non o coñeces podes investigar Lendo...







...e Escoitando, Bailando e Cantando en GALEGO.


PREME NA IMAXE


E se queres decorar a túa casa cuns adornos de Nadal, imprime o APALPADORNO, deseñado por Fabaloba.

PREME NA IMAXE

Poderías atopar no cole os nosos Apalpadornos?




29/11/17

ALMANAQUES DE PETO 2018

Como parte dos obxectivos marcados polo EDLG para este ano, estableceuse facer uns almanaques de peto do 2018, coa novidade de que nesta convocatoria participou todo o alumnado do colexio que, de maneira voluntaria, quixo facer o seu aporte. 
O tema estivo vinculado ao PDI  deste curso:”O Mar”, elixíndose finalmente un traballo por cada nivel.
A calidade das obras e a expresividade das imaxes e dos textos, foi de gran altura, o que fixo moi difícil o traballo do equipo que seleccionou aos que representarán ao colexio . Polo tanto, parabéns a todos e todas as participantes e pronto poderemos ver as vosas obras expostas pola entrada da biblioteca, para que poidamos gozalas cada día.
Traballos seleccionados: