25/1/17

EN XANEIRO

Que mellor maneira de comenzar o ano dispoñendo dunha chea de recursos para todos en galego. Preme na imaxe e accederás a unha chea de recursos en galego para os máis pequenos e pequenas da casa; música, contos, xogos...só tedes que disfrutar.



20/12/16

POLO NADAL...

As nenas e nenos de 4º  fixeron ilustracións para poñer na felicitación de Nadal que mandamos ás familias.




14/12/16

EN DECEMBRO...

Os debuxos seleccionados para ilustrar o "Almanaque de peto 2017" coa temática "Pontedeume" son:


CELIA MONTERO CARRERA 5º B
ROCÍO LIU PORTA LÓPEZ 6ºA

16/11/16

EN NOVEMBRO...

As nenas e nenos de 1º e 2º de Educación Primaria, fixeron os debuxos para o "Día do Peón" e o "Magosto".





26/10/16

EN OUTUBRO...

CONTOS DE MEDO

O alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria inventamos e ilustramos "Contos de medo"....UUUUHHHH!









    


28/9/16

EN SETEMBRO


Como vén sendo costume, os xoves durante a hora de lectura, os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria "Lemos aos máis pequenos".








21/9/16

COMEZAMOS O ANO CON NOVOS PROPÓSITOS...


Despois dun "pequeno" descanso, reiniciamos a actividade no blog para contarvos as novidades deste curso 2016/17
Dende 4º de educación infantil ata 6º de educación primaria, todos os cursos se implicaron nas diversas actividades propostas polo EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA. A continuación irémolas publicando. Esperamos que vos gusten!


13/12/14

"PLANTAS DE GALICIA" NO TABOLEIRO DA LINGUA.

O primeiro trimestre remata cunha exposición fermosísima sobre as Plantas de Galicia realizada polas nenas e nenos de 4º. Buscaron información, fixeron traballo de campo e explicaron todo o recollido nestas fichas tan traballadas que nos amosan a todos no corredor principal. Bo traballo dos peques e os seus profes!.


15/11/14

FESTAS DE OUTONO!

Como cada ano, no cole, damos a benvida ao outono celebrando por todo o alto as festas típicas destas datas: samaín, magosto e día do peón.
Como fondo da nosa exposición de Samaín luciron as cabazas refraneiras das nenas e nenos de 4º. Vede que chulas quedaron!








.

Case foi un Magosto de "verán", vai calor que ía!


Non foi así no Día do Peón pois o tempo non deixou que o celebrasemos no patio exterior coa compaña das nosas familia. Pero vede o equipo de axudantes do primeiro trimestre o entregados que estiveron na preparación dos peóns e na decoración do mural. Moi ben por eles e polos pequenos de 1º e 2º de primaria que decoraron os peóns!.

8/11/14

LEMOS AOS PEQUENOS!

Desde o mes de outubro nenas e nenos de 5º e 6º están participando na lectura de contos en galego aos peques do cole e aos compis de 1º, durante a hora de lectura dos xoves. Para as rapazas e rapaces de 5º é a primeira vez e empezaron un pouco nerviosos pero... co paso dos días fóronse afianzando e agora xa dramatizan os contos e incluso elaboran as personaxes dos mesmos. Os maiores xa como veteranos reforzan a súa experiencia. Parabéns a todos polo voso esforzo e dedicación. Aquí os tedes en acción: