25/1/12
5/12/11
2/12/11
25/5/11
Traxes rexionais
13/5/11
Todo Lois Pereiro

Na web da coordinadora de Normalización Lingüística tedes toda a información posible que podedes encontrar na internet sobre o autor Lois Pereiro. Tan so tedes que premer aquí .
27/4/11
DIA DAS LETRAS GALEGAS 2011
Xa estamos preparando as actividades para o Día das Letras Galegas, que este ano adicaránse ó escritor Lois Pereiro.
Mentres tanto deixámovos uns cantos links onde atoparedes, xogos, actividades e información sobre este autor:
- Seminario Galán
- Lois Pereiro en Blogaliza
- Actividades en línea
Mentres tanto deixámovos uns cantos links onde atoparedes, xogos, actividades e información sobre este autor:
- Seminario Galán
- Lois Pereiro en Blogaliza
- Actividades en línea
2/2/11
O día da Paz
Este luns 31 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz. Saímos os cativos e profes de todo o cole ó patio para facer a nosa pomba construída coas nosas mans.

Despois, os nenos e nenas de 6ºB leron o seu manifesto do Día da Paz, que foi o seguinte:
NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ, A PAZ É O CAMIÑO
NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ, A PAZ É O CAMIÑO
NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ, A PAZ É O CAMIÑO
NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ, A PAZ É O CAMIÑO
Axiña chegou o momento de bailar, polo que nos preparamos facendo unha rolda mesturando cursos. Foi moi divertido!!

Para rematar a celebración, fixemos unha ceiba de pombas que nos deixou abraiados!

Despois, os nenos e nenas de 6ºB leron o seu manifesto do Día da Paz, que foi o seguinte:
NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ, A PAZ É O CAMIÑO
- Queres unha vida en Paz? Escoita, observa e loita por ela
- O esencial é a Paz Mundial
- Seguindo a pomba o entendemento nacerá, e os pobos do mundo a Paz atoparán.
- Máis vale unha Paz relativa que unha guerra gañada.
- O decisivo para traer a Paz ao mundo é a nosa conducta diaria
- Ou camiñamos todos xuntos cara a Paz, ou nunca a atoparemos
- Máis vale unha Paz desventaxosa que unha guerra xusta
- Non basta con falar da Paz, un debe crer nela e traballar para conseguila
- Nunca comeces una pelexa, pero sempre remátaa
NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ, A PAZ É O CAMIÑO
- A Paz é o obxectivo, o amor o medio para chegar a ela
- Non deixes que morra o Sol sen que morran os teus rencores
- A primeira condición para a Paz é a vontade de lograla
- A Paz non se atopa, constrúese
- Nunca houbo unha boa guerra nin unha mala Paz
NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ, A PAZ É O CAMIÑO
- Se queres facer a Paz non fales cos teus amigos, fala cos teus inimigos
- Para ser solidario cos demais non só basta coas palabras senón tamén cos feitos
- Estar en Paz consigo mesmo é o medio máis seguro de comezar a estar cos demáis
- Os homes construímos muros, e non suficientes pontes
- O respeto a dereito alleo é a Paz
NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ, A PAZ É O CAMIÑO
Axiña chegou o momento de bailar, polo que nos preparamos facendo unha rolda mesturando cursos. Foi moi divertido!!

Para rematar a celebración, fixemos unha ceiba de pombas que nos deixou abraiados!

17/11/10
O Día do Peón
3/6/10
As impresións dos contacontos
Como sabedes durante este curso os nenos e nenas de 3º ciclo achegaronse as aulas dos máis pequenos do cole para contarlles contos en lingua galega; estas son as súas impresións sobre a experiencia.
- Sara Campos: Pareceme moi boa idea, xa que os nenos que len practican a lectura e os nenos que escoitan poden sumerxerse nun mundo completamente novo e cheo de fantasía.
- Verónica Negreira Veiga: A min encántame a actividade de lerlle os nenos, porque gústame moito a maneira na que atenden, as preguntas que fan e como eles comentan o libro de dous en dous ou de tres en tres.
- Julia de Castro: Paréceme xenial, porque mentres nós practicamos, os pequenos disfrurtan coas historias que nós lles narramos. E ademais é moi agradable escoitar os comentarios dos nenos polo medio. É moi divertido!
- Sabela Martinez Vilaboy: A miña opinión é que é unha actividade na que non so os nenos que lemos, o pasamos moi ben, aprendemos a pronunciar mellor, divertímonos lendo e aprendemos a pronunciar mellor o galego. É unha actividade moi interesante.
- Iria Gonzalez: Creo que esta actividade é moi boa, tanto para os nenos pequenos coma para os maiores. Para os pequenos aprenden e para os maiores porque aprendemos a falar mellor o galego.
- Amalia Rubido Varela: Gústame moito, porque é moi divertido ler aos nenos pequenos, e así o que está lendo, tamén le máis contos. Ó final, cando acabas un conto, case sempre te aplauden.
- María D. Torrente Rodriguez: Pois a min paréceme moi ben porque ademáis de que me divierto moito lendo aprendo eu máis cos nenos (sobre todo se é un libro educativo)
- Nicolás Sommariva Ucha: A mín paréceme unha idea moi boa porque os nenos pequenos, cando lles imos ler aprenden a escoitar e nós tamén aprendemos a ler moito máis claro e bastante mellor.
- María Cabana Bedoya: Paréceme xenial, gústame moito lerlles, a maioría das veces pórtanse moi ben, es sempre lles gusta moito o conto. Espero que esta actividade se siga facendo.
- Antía Allegue: Paréceme moi ben esta actividade, porque os nenos aprenden cousas novas, e tamén contos.
- Sofía López Rico: A mín gústame moito porque ademáis de gustarme a mín gustanlle a eles, tamén me gustan as preguntas que me fan,, porque aprenden moito vocabulario e tamén galego.
- Paulino J. Pérez-Mendaña Piñeiro (5º A): A miña opinión persoal é que esta actividade é moi boa tanto para os maiores como os de E. Infantil.. Aos nenos pequenos axúdalle para aprender galego e a nós para recordar moitas cousas.
- Alex Martínez Chao: é moi bo porque aprenden galego, e máis cousas.
- Xabier Calvo Cendán: A mín paréceme boa idea porque estamos estamos entretidos e os pequenos tamén.
- Sara Piñeiro Fraga (6º A): Gustoume moito lerlles aos nenos pequenos porque non paraban de facer preguntas e de falar. Tamén me gustou porque ao final quedaron coa boca aberta e abraiados. Gustoume como miraban para min cos seus olliños fixamente.
4/4/10
Semana do teatro
O día 27 de marzo celébrase o Día do Teatro.
Este ano na nosa escola fixemos diversas actividades:
O día 24 de marzo os nenos e nenas de 3º de Primaria representaron duas obras: "O rato que comía gatos", unha adaptación dun conto de Gianni Rodari co mesmo título e "A aula de tócame-roque", unha obra moi graciosa sobre unha aula un pouco desordenada.

Se queredes ver os videos completos dos nosos compañeiros pinchade aquí.
O día 25 de marzo recibimos a visita da compañía Tres Globos que representou con monicreques unha adaptación do conto "Pedro e o lobo" para os nenos e nenas de Infantil. Canto nos gustaron os monicreques!!

O día 26 de marzo a compañía de teatro Casa Hamlet representou para os nenos e nenas de Primaria a obra "Ratiña Linda", baseada nun libro de Bernardino Graña.

Como vedes este ano os protagonistas foron os ratiños e ratiñas.
Que vos pareceu a nosa celebración?

Suscribirse a:
Entradas (Atom)