4/4/10

Semana do teatro

O día 27 de marzo celébrase o Día do Teatro.
Este ano na nosa escola fixemos diversas actividades:
O día 24 de marzo os nenos e nenas de 3º de Primaria representaron duas obras: "O rato que comía gatos", unha adaptación dun conto de Gianni Rodari co mesmo título e "A aula de tócame-roque", unha obra moi graciosa sobre unha aula un pouco desordenada.

Se queredes ver os videos completos dos nosos compañeiros pinchade aquí.

O día 25 de marzo
recibimos a visita da compañía Tres Globos que representou con monicreques unha adaptación do conto "Pedro e o lobo" para os nenos e nenas de Infantil. Canto nos gustaron os monicreques!!


O día 26 de marzo a compañía de teatro Casa Hamlet representou para os nenos e nenas de Primaria a obra "Ratiña Linda", baseada nun libro de Bernardino Graña.


Como vedes este ano os protagonistas foron os ratiños e ratiñas.
Que vos pareceu a nosa celebración?

11/3/10

Contando contos

Dende o mes de outubro de 2009 vimos desenvolvendo esta actividade na que os/as máis grandes da escola (5º e 6º de primaria) se achegan a ler contos en galego aos máis novos/as (educación infantil e 1º de primaria).
Ten lugar todos os xoves coincidindo coa hora de lectura. Con esta actividade pretendemos dar ao alumnado un ESPAZO DE USO PARA A LINGUA GALEGA e favorecer un achegamento entre os máis novos e o maiores do noso centro.



Ademáis de contar o conto, establécese un diálogo entre o neno/a lector/a e os ointes co que se dinamiza o uso da lingua.
Esta actividade está resultando moi satisfactoria tanto para o alumnado participante como para o profesorado.

4/3/10

O entroido

Como ben sabedes, o pasado 12 de febreiro celebramos no cole o entroido. A temática común foi "As tribos urbanas", e así, no tradicional pasarrúas xuntáronse góticos con jipis, yupis, rapeiros e pijos.
E como unha imaxe val máis que mil palabras, aquí vos deixamos a mostra gráfica.



Se queredes recordar as cancións que inventamos e cantamos ante todo Pontedeume, tédelas pinchando aquí

27/11/09

BENVIDOS Ó NOSO BLOG

O Equipo de Normalización Lingüística do CEIP Couceiro Freijomil inicia unha nova andaina cara á promoción da nosa lingua.

Queremos que este blog sexa unha ventá aberta á participación de toda a comunidade educativa: pais, nais, alumnado, profesorado, ANPA...

Pretendemos que teña os seguintes apartados:

- Información das actividades que realizamos.

- Informar sobre actividades doutras entidades que promovan o uso na nosa lingua.

- Crear enlaces que axuden a un uso correcto da lingua.

- Informar sobre materiais que sexan do noso interese.

- Colgar as aportacións de toda aquela persoa que nos achegue traballos en prol da nosa lingua.

- Crear un foro en torno o galego, nos que participe toda a comunidade educativa ou persoas alleas a ela.

Se tes algo que aportar, entrégao no colexio, ou ponte en contacto connosco a través deste blog ou do seu correo electrónico (que atoparás na columna da dereita).

Agardamos a vosa colaboración.