Xa temos os Almanaques de Peto 2018 para ser repartidos en xaneiro. En total oito almanaques de todos os niveis, que ilustran temas vinculados ao mar.
Aquí vos deixo os debuxos d@s oito seleccionad@s e tamén d@s finalistas.
O esforzo e a participación son o máis importante, así que PARABÉNS para tod@s!!!
SELECCIONAD@S PARA O ALMANAQUE
FINALISTAS
PÁXINAS
▼
RECURSOS EDUCATIVOS EN GALEGO
▼
23/12/17
CONTOS DE SEMPRE
Para que neste Nadal non deixes de soñar en galego, aquí deixamos uns contos que che van a encantar
17/12/17
O APALPADOR
Xa falta menos para que nos visite o Apalpador...se aínda non o coñeces podes investigar Lendo...
...e Escoitando, Bailando e Cantando en GALEGO.
![]() |
PREME NA IMAXE |
E se queres decorar a túa casa cuns adornos de Nadal, imprime o APALPADORNO, deseñado por Fabaloba.
![]() |
PREME NA IMAXE |
Poderías atopar no cole os nosos Apalpadornos?
16/12/17
3/12/17
29/11/17
ALMANAQUES DE PETO 2018
Como parte dos obxectivos marcados polo EDLG para este ano, estableceuse facer uns almanaques de peto do 2018, coa novidade de que nesta convocatoria participou todo o alumnado do colexio que, de maneira voluntaria, quixo facer o seu aporte.
O tema estivo vinculado ao PDI deste curso:”O Mar”, elixíndose finalmente un traballo por cada nivel.
A calidade das obras e a expresividade das imaxes e dos textos, foi de gran altura, o que fixo moi difícil o traballo do equipo que seleccionou aos que representarán ao colexio . Polo tanto, parabéns a todos e todas as participantes e pronto poderemos ver as vosas obras expostas pola entrada da biblioteca, para que poidamos gozalas cada día.
Traballos seleccionados:

25/11/17
25 DE NOVEMBRO DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A discriminación das mulleres e a violencia de xénero, son un problema que traspasa fronteiras e que está presente na maior parte dos países do mundo, coa particularidade, de que as vivencias do maltrato son enormemente parecidas en todos os lugares e culturas.
O corredor do noso colexio contou cos traballos dos alumnos e alumnas de 5º e 6º que denunciaron a violencia de xénero. Tamén fixemos no patio, unha representación do Yin e o Yang todos os alumnos e alumnas participantes, levando un brazalete que conmemoraba a data do 25 de novembro Esta actividade está integrada no proxecto ILLA FANTASÍA que levan a cabo 1º,2º,3º, e 4º de primaria. Parabéns !!!

21/11/17
8/11/17
O MAGOSTO 2017
(Preme a imaxe)
O vindeiro venres día 10, celebraremos no noso cole a festa do MAGOSTO, así que ao longo desta semana faremos os nosos cestiños onde gardar as castañas asadas para poder compartilas con tod@s @s compañeir@s. Será un bo momento para lembrar tantos refráns tradicionais como temos na nosa terra:
- As castañas do castiñeiro hainas que asar no asadeiro.
- Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño.
- Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruín viño.
- Fíate nas castañas asadas, que se estoupan sairanche á cara.
- Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas.
- Polo san Martiño, castañas e viño.
- Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto.
- Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto.
- Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados.
A castaña é un dos alimentos mais antigos da Humanidade. Desde o Paleolítico aproveitouse e alimentámonos de castañas e landras.
O castiñeiro foi a árbore do pan das nosas tribos antes da chegada dos romanos. As castañas asadas, ou a fariña das castañas secas ou "pilongas", servían para alimentarse durante todo o ano.
No século XVI, viñeron as patacas e o millo de América, e estableceuse a competencia coas castañas que perderon, pouco a pouco, protagonismo na dieta campesiña, e moito mais ao ser atacada a nobre árbore por enfermidades como o "chancro" e a "tinta".

O número de castiñeiros diminuíu en Galicia a pesares das repoboacións, diminuíndo tamén a producción de castañas cada ano.
Souto (Preme a imaxe) |
Xogos do Magosto (Preme a imaxe)
O Magosto LIM (Preme a imaxe) |
3/11/17
28/10/17
CHEGOU O SAMAÍN
Samaín
Chegou o Outono e con el a vendima, as castañas, as longas noites de choiva, vento e frío. Chegou tamén o tempo do SAMAÍN, un tempo de tradicións e, sobre todo, de medo.Os celtas celebraban co Samaín o paso do ano, a fin do tempo das colleitas e, con el, do ano vello e o comezo do inverno e do ano novo. Igualmente, o Samaín era o momento no que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar os familiares aínda vivos. Nesta visita aproveitaban para buscar alimento e quentarse co lume da lareira, polo que era costume deixar o lume aceso nesa noite e nunca varrer a lareira para non afastar as ánimas; ás veces tamén se deixaba unha cadeira baleira, co seu servizo de comida e bebida, para que as ánimas se achegasen á mesa familiar.
Coincidía así, nesa noite do 31 de outubro ou 1 de novembro, a festa do paso dun ano a outro, co momento da apertura ás ánimas do outro mundo. Eran datas claves para se reuniren nos camposantos, comer o ritual e comunal porco celta de samaín e concelebrar as festas dos guerreiros.
Este Samaín vén cheo de novidades no colexio, pois monstros mariños andan polos corredores e chegan onde o Taboleiro da Lingua para contarnos a súa historia. Andade ver este traballo tan fantástico que ilustra Sereas, Leviatáns, Hipocampos e Kraken que veñen do Alén do Mar.